O Mercado das Pontes acolle unha degustación de productos da ría de Ferrol

O Mercado Municipal das Pontes acollerá este sábado 23 desde ás 11:00 ás 13:00 horas unha degustación de produtos da ría e da confraría de Ferrol.

Fuente Concello de As Pontes

Esta actividade organizada pola Confradía de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, co apoio da Deputación da Coruña, ten como obxetivo dar a coñecer os produtos da Ría de Ferrol.

As persoas que participen nesta actividades poderán degustar diferentes preparacións culinarias a base de ameixas e navallas, comprobando a súa calidade, versatilidade culinarias, así como os beneficios que o seu consumo para a saúde.

A Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol é unha corporación, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro, cunha longa tradición e experiencia na organización da pesca, traballando na promoción do sector e na defensa dos intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do mar.

Na actualidade, agrupa embarcacións e profesionais do sector pesqueiro que desenvolven a súa actividade principalmente en augas das rías galegas e caladoiro cantábrico e noroeste, con artes e métodos artesanais para a extracción de peixes e mariscos.

Lea también

La Xunta destaca en Mañón la contribución del programa Leader para crear empleo en zonas rurales

La conselleira de Medio Rural, María José Gómez, ha destacado la contribución del programa Leader …