Unha unidade móbil de ADOS visita Narón a vindeira semana

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na cidade de Narón os días 25, 26 e 29 deste mes.

Nas primeiras xornadas, os vindeiros luns e martes, o vehículo estará operativo nas inmediacións do novo centro de saúde, o luns 25 en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 e o martes 26 pola tarde, de 15:30 a 21:00 horas.

O venres 29 o vehículo desprazarase a Xuvia, concretamente ás inmediacións do xulgado de Paz, onde estará operativo pola tarde, dende as 15:30 ata as 21:00 horas.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e se van despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para poder facelo. Así mesmo, será preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Para consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

Narón asina un convenio de colaboración coa Cogami

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e Anxo Antón Queiruga, representante da Confederación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *