Psoe Ferrol denuncia que se incumplen os plazos de pago de facturas a proveedores

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol afirma que «o Concello rexistrou no 3º trimestre de 2024 un Período Medio Legal de Pago (PMLP) de 70,19 días, a cifra máis elevada dende 2019. Este dato supera amplamente o límite excepcional de 60 días permitido pola normativa e reflicte unha xestión política alarmantemente ineficaz».

Segundo Rafael Fernández Beceiro, concelleiro do Grupo Municipal Socialista, “o problema non é de liquidez, como demostra o informe da Tesourería Municipal, senón dunha falta de xestión política. Os pagos realízanse en 48-72 horas unha vez chegan á Tesourería, pero a ausencia de control e supervisión política bloquea as facturas, acumulando atrasos sen precedentes”.

«Os datos actuais contrastan de forma alarmante cos rexistros de anos anteriores. Dende 2019, cando se rexistraban atrasos menores e dentro dos límites legais. Os datos confirman un retroceso alarmante comparado co 3o trimestre de 2022, cando o Concello cumpría coas obrigas legais de pagamento»:

➢ 3T 2022 (anterior goberno):
○ PMLP: 45 días (dentro do límite de 60 días).
○ PMP: 30 días (cumprindo o límite legal estándar).

➢ 3T 2024 (goberno actual):
○ PMLP: 70,19 días (+25,19 días).
○ PMP: 41,91 días (+11,91 días).

«Os atrasos no pagamento do Concello de Ferrol teñen consecuencias directas na economía local. Pequenas empresas e autónomos, principais colaboradores do Concello, están a sufrir as consecuencias destes atrasos, que poñen en risco a súa viabilidade e dificultan a súa capacidade para manter o emprego».

«A acumulación de facturas fóra de prazo está a xerar importantes intereses de demora, un gasto innecesario se se cumpren os prazos. O incumprimento reiterado mina a credibilidade do Concello ante os provedores, así como a percepción pública sobre a capacidade do goberno local para xestionar os recursos de maneira eficiente e responsable».

«Este incremento reflicte unha incapacidade de xestión sen precedentes, agravada pola falta de medidas correctivas. O verdadeiro problema radica na ausencia de supervisión política e no mal funcionamento organizativo que bloquea o fluxo normal de tramitación das facturas».

Rafael Fernández Beceiro, concelleiro do Grupo Municipal Socialista, destacou: “No pasado mandato, a Concelleira de Facenda a Sr. Sanjurjo era moi crítica con estas situacións, cando os prazos de pago eran moito mellores. Agora, baixo a súa dirección, asistimos aos peores indicadores de pagamento en máis de cinco anos sen que execute ningunha medida correctiva. É inaceptable que esta inacción e falta de control político provoquen tal deterioro, e urxe tomar medidas inmediatas para reverter esta tendencia.”

«O Concello de Ferrol está a vivir os peores indicadores de morosidade dende 2019, non debido a problemas de liquidez, senón pola clara incapacidade de xestión da actual administración. Este incumprimento prolongado está a prexudicar gravemente aos provedores locais, afogando a súa viabilidade financeira e erosionando a confianza na administración pública».

Desde o Grupo Municipal Socialista, «reiteramos o noso compromiso coa defensa dos intereses dos provedores e co fortalecemento da economía local. É imprescindible que o goberno municipal tome medidas inmediatas e actúe con
responsabilidade para garantir o cumprimento das obrigas legais e recuperar a confianza dos cidadáns e colaboradores locais».

Lea también

Ferrol oferta 110 plazas para campamentos infantiles de Semana Santa

La concejala de Igualdad, Elvira Miramontes, avanzó que su departamento organiza, como en años anteriores, …