Aberta en Ares a preinscrición para a Campaña da Neve´25 da Deputación

O Concello de Ares informa, a través da súa área de Deportes, da apertura do prazo de preinsicrición na Campaña da Neve 2025, un programa organizado pola Deputación da Coruña e desenvolto, no caso da quenda da nosa localidade, do 24 ao 27 de xaneiro.

A iniciativa está dirixida aos rapaces de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024), empadroados en Ares, que desexen aprender e gozar do esquí na estación de montaña de Valgrande-Pajares, en Asturias.

A campaña está composta de catro xornadas con cursos de esquí e varias actividades complementarias, con estadía nun albergue a pé de pista na propia estación asturiana.

O custe da actividade é de 85 euros, incluíndo o réxime de aloxamento e manutención, o transporte de ida e volta ata o lugar de actividade, con saída e chegada ao punto elixido pola organización na comarca de Ferrolterra, amais das clases, monitores, seguro, alugamento de material e todo gasto derivado das actividades e cursos programados.

A mocidade interesada poderá achegarse ata o 2 de decembro ás dependencias da OMIX, na Ares, para formalizar a súa preinscrición cumprimentando un impreso cos seus datos. Será en horario de 10:00 a 12:00 horas polas mañás e de 17:00 a 19:00 h. polo serán.

A maiores, tamén existe a posibilidade de facer o trámite de maneira telemática, cubrindo o impreso existente na web municipal (PDF editable) e remitíndoo ao correo deportes@concellodeares.com.

Unha vez rematado o prazo de preinscrición, e no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas dispostas (6), celebrarase un sorteo público ás 11:00 horas do 10 de decembro na Alianza Aresana para seleccionar ás persoas que finalmente participarán no programa.

Nese senso, terán preferencia os rapaces e rapazas que non foran a ningunha campaña previa da Deputación da Coruña.

Lea también

Presencia de la cantera racinguista en el Campeonato Gallego

Dieciséis futbolistas de la cantera del Racing de Ferrol compitieron con las selecciones comarcales. Varios …