MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; no local do CIRS de Cervás a partir das 19 horas.

O espectáculo, que fora solicitado polo concello de Ares para a súa inclusión dentro da REDE CULTURAL da Deputación da Coruña, desenvólvese ao redor das celebracións do Día Internacional contra a Violencia Machista.

Así, segundo explicita o grupo MIGALLAS na presentación do espectáculo “a través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Kahlo abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Ao longo da sesión, o público vai coñecendo a vida destas artistas e as dificultades que tiveron que superar, simplemente por ser mulleres, para ser independentes e facer realidade os seus soños. Invítase a reflexionar sobre o machismo da sociedade doutros tempos, a identificalo e a criticar a súa vixencia na sociedade actual”

O espectáculo está aberto a todos os públicos vai dirixido preferentemente a nenos; tentando animalas a desenvolver as súas capadidades creativas sen nengún tipo de traba e de ideas preconcibidas.

CONTIDOS SOBRE IGUALDADE DO ESPECTÁCULO “ELAS PINTAN MOITO”

A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Yayoi Kusama e Frida Kahlo abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Na historia de Xulia Minguillón, amósase que nas parellas, os dous membros teñen os mesmos dereitos e que as decisións hai que tomalas xuntos, sen imposicións dunha persoa sobre a outra.

Con Sonia Delaunay, trabállase a igualdade de deberes entre homes e mulleres á hora de coidar e atender as fillas e fillos e de realizar as tarefas domésticas así como o dereito a conciliar a vida familiar coa laboral.

Con Yayoi Kusama reflexionamos sobre a igualdade de oportunidades para homes e mulleres á hora de acadar o éxito e o recoñecemento na sociedade. Por último, con Frida Kahlo valoramos a importancia de ser unha mesma ou un mesmo sen facer caso dos prexuízos sociais machistas que limitan o noso desenvolvemento persoal.

Lea también

La Sociedad Artística Ferrolana entrega el premio ‘Gregorio Baudot 2026’ al grupo ferrolano BÖJ

En el mismo evento se entregó el título de socio de Honor de la SAF …