O Pazo de Mariñán acolle unha nova edición das xornadas ‘A cultura é un dereito’

O Pazo de Mariñán acolle este venres 22 unha nova edición das xornadas de “A cultura é un dereito” que organiza a área de cultura da Deputación. Trátase da 18ª xornada que, nesta ocasión, poñerá o foco na relación entre arte e saúde e, baixo o nome ‘Arte e saúde. A música’.

Trátase da 18ª xornada que, nesta ocasión, poñerá o foco na relación entre arte e saúde e, baixo o nome ‘Arte e saúde. A música’. Contará coa participación de Ugía Pedreira como comisaria e relatora, e tamén de outros profesionais dos dous ámbitos como Antoni Rodríguez Fornells, Robert Pier, Mihaela Duma, Cristian Terán, Antonio Salas, Laura Navarro e Chefa Alonso. A inscrición está aberta ata o 20 de novembro e pode realizarse.

Na xornada abordaranse as actividades culturais e artísticas como medio para promover a saúde, “mellorar enfermidades físicas e mentais, aportar beneficios ao noso benestar e apoiar tratamentos sanitarios a nivel cognitivo, emocional e físico en todas as etapas da vida”, afirma Ugia Pedreira.  

A Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento e a Asociación A Memoria é Náufraga colaboran na organización dun ciclo que reunirá a destacados especialistas: a propia Pedreira;  Antoni Rodríguez Fornells, profesor de Investigación ICREA no Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge e na Universidade de Barcelona; o guitarrista e compositor Robert Pier; a pianista Mihaela Duma; o narrador Cristian Terán; o catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Salas, a musicoterapeuta e pianista Laura Navarro, e Chefa Alonso, doutora en Performing Arts pola Brunel University, licenciada en Medicina pola USC, saxofonista, compositora, improvisadora e docente.

A xornada está dedicada á relación entre arte e saúde e porá o foco na música como ferramenta social e terapéutica. Inclúe relatorios, un obradoiro de improvisación libre aberto ao público e unha mesa redonda na que Pedreira explicará o proceso creativo de “Basal”, o seu traballo musical máis recente; Pier, paciente de hemiparesia e outras patoloxías mentais, falará de como integrar a diversidade funcional dentro do ámbito cultural de forma accesíbel; e Duma, diagnosticada de esclerose múltiple, contará a súa experiencia coa enfermidade como testemuña e divulgadora desde os ámbitos da educación o pensamento e a comunicación.

“Conscientes de que a cultura é un dereito, trasnversal ás nosas vidas, promovemos estas xornadas para afondar en outros aspectos da vida cotiá, tan esenciais como a saúde, e que están profundamente ligados coa arte e a cultura en xeral”, sinalou a deputada de cultura, Natividade González.

Programa

10.15-11.45 h. “Música e cerebro: bases cerebrais do procesamento musical. O potencial da música na neurorehabilitación”. Antoni Rodríguez Fornells.

12.15-14 h. Mesa ‘Experiencias de vida’:

  • “Basal. Composición e diversidade funcional desde o corpo-casa”. Ugia Pedreira.
  • “O meu mestre, o lado esquerdo”. Robert Pier.
  • “Un camiño cara a superación da esclerose múltiple”. Mihaela Duma e Cristian Terán.

16-17:30 h. “Proxecto de investigación: Sensoxenoma”. Antonio Salas e Laura Navarro.

18-20 h. Obradoiro de improvisación libre, de participación aberta ao público. Con Chefa Alonso.

A asistencia á xornada é de balde e o aforo, limitado. A inscrición pode formalizarse dende este 19 de novembro ata as 16 horas do 20 de novembro. O formulario está dispoñible na sección habilitada na web de A cultura é un dereito’.

18_PROGRAMA-Xornada_Arte_e_Sude-A_Musica

Lea también

La borrasca Caetano obliga a activar alertas nivel naranja y amarillo por vientos y lluvias en Galicia este jueves

Además, MeteoGalicia informa de varios avisos nivel amarillo por lluvias acumuladas puntualmente superiores a los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *