Minuto de silencio en Narón en condena do asasinato de Estela Blach en Baiona

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu na mañá deste martes 12 a concentración realizada no mediodía ante a porta principal do Concello para gardar un minuto de silencio en repulsa do crime de Estela Blach Silva.

A vítima, veciña de Baiona (Pontevedra) foi asasinada pola súa exparella, Humberto González, na parroquia de Belesar, en Baiona, na madrugada do pasado venres.

Na concentración, á que acudiron outros integrantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa por este asasinato machista e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima.

Lea también

Este xoves 25 preséntase a 10º edición do Jazz de Ría no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón

A dirección do festival e representantes da Deputación da Coruña e dos Concellos que acollen …