A Deputación recibe ó Club de Atletismo Narón, campión de España Sub-14

O deputado de Deportes, Antonio Leira, presidiu a recepción oficial da Deputación da Coruña aos integrantes do Club de Atletismo Narón, que veñen de alzarse co ouro no Campionato de España Sub-14 de Atlestismo celebrado en Madrid.

Fuente Diputación de A Coruña

Leira felicitou aos mozos deportistas por “este magnífico éxito deportivo, froito do voso esforzo e traballo constante” e animounos a “seguir adestrando duro e conseguindo éxitos para o deporte da provincia da Coruña”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

“Na área de Deportes da Deputación dicimos que o deporte fainos grandes, e vós sodes boa proba delo, da importancia que ten apoiar ao deporte de base para conseguir grandes logros como este campionato de España, que fan que nos sintamos orrgullosos de vós”, afirmou o deputado.

Pola súa banda, o director deportivo do club, Manuel Polo, agradeceu o apoio constante da Deputación ao deporte base, que permite clubs como o naronés desenvolvan a súa actividade e acaden logros importantes coma este e destacou a importancia de crear eventos como Circuíto Deputación da Coruña de Atletismo en Pista, que promoven a participación dos clubes e fomentan a afección ao atlestismo.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Rafael Louzán presenta su programa para presidir la RFEF

El presidente de la Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) y candidato a la presidencia …