Inscrición en Narón nun obradoiro de banda deseñada dirixido a público infantil

O Concello de Narón programou, a través do Servizo de Normalización Lingüística, un obradoiro de banda deseñada dirixido a público infantil, a partir de 8 anos. A edil responsable da área, María Lorenzo, avanzou que terá lugar este sábado 9, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de tarde, dende as 17.30.

A recoñecida ilustradora Irene Sanjuán será a encargada de impartir o obradoiro, no que os menores aprenderán os principais elementos da linguaxe narrativa visual do cómic, unha forma de narrar, nun ambiente de traballo ameno e apoiado ademais coa proxección de materiais visuais.

As persoas que desexen participar deberán anotarse, de balde, a través do correo electrónico a.pita@naron.gal, indicando o nome e idade do neno ou nena que acudirá, o nome do pai, nai ou adulto responsable que realiza a inscrición e un número de teléfono e unha dirección de correo electrónico de contacto.

O obradoiro impártese a través de FalaRedes, da Rede de Dinamización Lingüística, un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística pensado para encher o tempo de lecer de actividades en galego

Lea también

«Tardes xuvenís» en Narón ofrece actividades e obradoiros na Casa da Mocidade

A mocidade de Narón poderá participar este mes no proxecto Tardes xuvenís, impulsado dende o …