Inscrición aberta en Narón no contacontos infantil e familiar Burromaquia

A Biblioteca municipal de Narón acolle este sábado 2, o contacontos infantil e para público familiar Burromaquia, da compañía Fantoches Baj.

A convocatoria dará comezo ás 11.00 horas e os nenos que queiran acudir poden anotarse no mostrador da Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro.

Burromaquia é un espectáculo de narración oral a partir dunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións no que se fala con simpatía dese animal tan entrañable como é o burro. Os menores participantes irán descubrindo a medida que avanza o espectáculo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

Os nenos deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes para poder participar.

Lea también

Reunión informativa en Narón para representantes das comparsas de Entroido

O Pazo da Cultura acolle este venres 24 unha reunión informativa sobre a celebración do …