A Diputación presenta as bases do III Premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación

A Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da III edición premio ‘Xoán Vicente Viqueira’ de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.

Fuente Diputación de A Coruña

O obxectivo deste certame é o de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado nos ámbitos das ciencias sociais e humanidades.

Así, poderán propor candidaturas todas as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Tamén poderán facer propostas de candidaturas as persoas que formen parte do xurado ou calquera socio do Instituto Xoán Vicente Viqueira.

As citadas candidaturas deberán propor a unha persoa ou entidade ligada a proxectos que se desenvolvan ou relacionen coa investigación e innovación no ámbito das ciencias sociais e humanidades e que teñan a súa residencia ou sede social no territorio español. Non estarán admitidas as autocandidaturas.

As bases establecen un período de presentación de candidaturas desde o luns 4 de novembro ata as 14:00 horas do luns 30 de decembro do 2024. Estas solicitudes presentaranse a través da plataforma SUBTEL, de tramitación electrónica da Deputación.

Tres premios

Nesta edición establécense de novo tres premios para cada unha das modalidades. A primeira delas é o premio á traxectoria de vida adicada á investigación nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social ao longo dos últimos 30 anos.

A segunda, o galardón á innovación científica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. A última delas premia a calidade dun dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social. Cada unha destas categorías está dotada con 6.500 euros.

A terceira edición destes premios conmemora a memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón. Xoán Vicente naceu en Madrid no 1886, pero viviu ata os 12 anos en Vixoi (Bergondo), e foi unha persoa que desenvolveu investigacións no eido do pensamento filosófico e apostou progreso da educación, sempre co galego por bandeira.

Podes consultar as bases completas no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/10/30/2024_0000007614.html

Lea también

El Aula UNED de Ferrol acoge una conferencia sobre el impacto del Nilo en el Antiguo Egipto

El Aula UNED de Ferrol (situada en la calle María, 52-54) se convertirá este viernes, …