Xornada Galp A Mariña Ortegal en Valdoviño

Estratexias de turismo azul sostible para revitalizar A Mariña Ortegal.

O turismo azul sostible é unha oportunidade que se abre para o sector pesqueiro, coma estratexia de diversificación económica, ante a actual coxuntura que afronta o sector.

O Océano Sur Museo de Valdoviño acolle este mércores día 30 de outubro unha xornada na que divulgar a conexión do turismo azul sostible coa estratexia do GALP A Mariña Ortegal.

Conscientes da necesidade de incorporar novas rendas para as persoas que profesionalmente desenvolven a actividade no sector pesqueiro, o turismo azul sostible é unha oportunidade que se abre, de cara á diversificación da súa actividade económica.

Non se trata de deixar ao marxe a actividade pesqueira ou marisqueira, senón obter rendas complementarias, para garantir a viabilidade do sector.

Se ben na zona sur de Galicia existen varios proxectos de turismo mariñeiro, de promoción da conexión do sector pesqueiro co ámbito cultural, patrimonial, que aproveitan os recursos do territorio e dinamizan a economía do sector, nesta zona costeira o número de experiencias postas en marcha é máis reducido.

É por este motivo, polo que dende o GALP A Mariña Ortegal se organiza, no marco do proxecto Vixia, de divulgación da estratexia de desenvolvemento local do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura, unha xornada de divulgación na que se exporán experiencias referentes no ámbito do turismo costeiro e de aproveitamento dos recursos locais, como elemento de reforzo da actividade económica a nivel local.

Un exemplo de como aproveitar estes recursos locais e poñelos en valor é a riqueza xeolóxica do territorio que abrangue o Xeoparque do Cabo Ortegal. A relevancia científica deste espazo é coñecida desde hai case cincuenta anos, debido á presenza de rochas que hai millóns de anos estiveron no Manto superior da Terra, a máis de 70 quilómetros de profundidade.

Esta riqueza xeolóxica pode converterse nun polo de atracción do turismo, que revitalice á zona, se ben cómpre facelo apoiándose na actividade que desenvolve o sector pesqueiro. Outras opcións pasan por aproveitar o lecer e tempo libre, como impulso para a xeración de iniciativas empresariais ligadas ao medio mariño e os recursos pesqueiros, poñendo en valor non só estes elementos, senón tamén todo o patrimonio cultural ligado aos mesmos.

O evento desenvolverase no Oceano Surf Museo de Valdoviño, este mércores día 30 de outubro a partir das 18:30 horas.

A participación no evento é aberta, con especial énfase nas persoas que profesionalmente desenvolven actividades ligadas ao mar. Intervirán na xornada o alcalde de Valdoviño, Alberto González; o vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal e alcalde de Cedeira, Pablo Moreda; o Doutor en Xeoloxía Fran Canosa, e Carlos Gil, biólogo mariño e CEO de Maremasma, iniciativa de turismo activo e de natureza financiada polo GALP.

Lea también

El ciclo de teatro de Valdoviño “Ven o Venres” continúa con “Boa sorte, mala fama”

El ciclo municipal de teatro «Ven o Venres» propone esta semana la obra «Boa sorte, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *