O programa integrado de emprego de As Pontes fomenta o emprendemento

O Concello das Pontes, ao abeiro do Programa Integrado de Emprego das Pontes, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, e posto en marcha coa colaboración dos Concellos das Pontes, Somozas e A Capela, organizou, este venres 25, unha xornada de motivación emprendedora dirixido ao alumando do programa co obxectivo de ofrecerlles a información precisa para converter unha iniciativa persoal nun proxecto empresarial real.

Ana Pena, responsable da área de Emprego do Concello das Pontes subliñou a importancia deste tipo de iniciativas,

orientadas a “fomentar a cultura emprendedora entre a veciñanza así como a motivación e o acompañamento preciso para alcanzar un proxecto empresarial sólido e viable. Unha iniciativa que, ao mesmo tempo pon en valor o papel das persoas emprendedoras na nosa vila no mundo empresarial, dándolles visibilidade e o recoñecemento que teñen na economía local”

A xornada arrincou cunha visita ás instalacións da empresa Prometal Tecnoloxía e Innovación S.l, especializada no deseño e fabricación de produtos de calderería e estruturas metálicas, da man de Daniel Filgueiras Novás, socio fundador para, a continuación, trasladarse ata as instalacións da Asociación de Empresarios SEARA nas que o novo emprendedor pontés afondou na súa traxectoria profesional e na posta en marcha da firma pontesa.

A continuación Carolina Romalde, Directora da Asociación de Empresarios SEARA, amosou ao alumando participante a incubadora de empresas e debollou o catálogo de servizos que se prestan desde a asociación no ámbito do emprendemento.

A xornada rematou coa intervención de Erika Sanz, ADEL do Concello das Pontes que fixo unha breve exposición sobre as fases do emprendemento, incidindo na importancia do perfil da persoa emprendedora, na definición da idea empresarial así como na necesidade da elaboración do plan de empresa e dos contidos que debe incluír. Tamén ofreceu información sobre as axudas e subvencións para persoas emprendedoras tanto no ámbito local como autonómico e estatal.

O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DAS PONTES

O Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes, Somozas e A Capela, cunha duración de 12 meses, ten como obxectivo prioritario, mellorar a ocupabilidade e inserción laboral da veciñanza dos concellos de As Pontes, A Capela e Somozas con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.

A través deste programa formativo ofreceráselle ao alumnado participante unha ferramenta de axuda e acompañamento especializado co que desenvolver as súas competencias persoais,n sociais e laborais, acrecentando a súa empregabilidade para situarse, deste xeito, nunha situación máis favorable cara o mercado laboral.

A formación está dirixida a 100 mulleres e homes desempregados, con especiais dificultades de inserción laboral; persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación e menores de 30 anos con cualificación.

O Programa Integrado de Emprego das das Pontes, Somozas e A Capela inclúe un amplo abano de accións informativas, asesoramento, orientación laboral, de carácter individual, e un conxunto de sesións en grupo organizadas entorno a adquisición de coñecementos sobre elaboración de curriculum vitae, cartas de presentación, entrevistas de traballo así como habilidades sociolaborais e clases de coaching, intelixencia emocional e motivación laboral,entre outras.

Ao mesmo tempo, o alumando adquiriu competencias profesionais demandadas polo tecido industrial e comercial da contorna a través de cursos e obradoiros sobre xestión loxística, manexo de carretillas e plataforma elevadora, curso de operacións de sons e iluminacións no sector audiovisual, un curso de control de accesos ou un curso de auxiliar de produtos frescos, entre outros.

Todas as accións do programa contan cunha bolsa de asistencia de 10 euros /día de aproveitamento e coa posibilidade de utilizar o servizo dec onciliación familiar para aqueles con cargas familiares que doutro xeito non poderían aproveitar as accións.

O orzamento do Programa Integrado é de 163.350€ euros, dos cales 130.680 euros son aportados pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal e 32.670 euros polas entidades locais.

Lea también

Cerdido comenza o seu programa de compostaxe caseira

A casa da cultura de Cerdido acollerá ás 19:30 horas deste venres 8 de novembro, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *