Actividade: Visitas guiadas á Axencia de Lectura da Gándara Hora: 17.30 Lugar: Axencia de Lectura da Gándara
O Concello inclúe estas visitas, xunto coas realizadas á Biblioteca municipal o xoves e este venres, na programación coa que este mes se conmemora o Día Internacional das Bibliotecas.
Actividade: Basal Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura
O Pazo acollerá este espectáculo de música folk, de nove cancións, o novo espectáculo de Ugía Pedreira, segundo en solitario cunha obra que conecta música e psicoloxía. Cuba, Brasil e Galicia abrázanse neste concerto onde se combina o rock, o jazz, MPB e o clásico, levando as canción da autora a novos lugares. A entrada é de balde.
Sábado 26 de outubro de 2024
Actividade: “O impacto do trauma psicolóxico no corpo” Hora: 11:00 Lugar: Centro cívico social do Alto do Castiñeiro
A psicóloga e psicoterapeuta Natalia Seijo será a encargada de impartir unha das novas conferencias, a segunda deste mes, do programa municipal “A saúde mental importa”. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade: “Terceiro acto” Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura
A comedia chega esta fin de semana ao Pazo da man da compañía Centro Dramático Galego. Belén Constenla, César Goldi, María Costas… forman parte do elenco desta peza, na que o teatro se concibe como un espazo de reflexión sobre certas cuestións. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 27 de outubro de 2024
Actividade: Debulendo lendas Hora: 17:00 Lugar: Centro cívico social de San Xiao
A compañía Tarabelos Teatro protagoniza este espectáculo, un contacontos que parte da técnica centenaria do Kamishibai xaponés, no que as ilustracións se poden ver, tocar, manipular… Está dirixido a menores de 3 a 6 anos, con entrada de balde e previa inscrición.
Actividade: XXXI Tempo de música Hora: 18:00 Lugar: Centro cívico social do Couto
O coro de Espasante (Ortigueira) e a Coral Polifónica Santiso (A Coruña) son as dúas formacións que actuarán nesta nova xornada do ciclo Tempo de música, organizado dende o Padroado da Cultura e a AVV do Couto, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Federación Coral Galega. A entrada é de balde.