Fene acondiciona a canle do Río Cádavo

O Concello de Fene, a través da área de medio ambiente, comezou esta semana os traballos de limpeza do Río Cádavo no seu tramo urbano, desde o entorno do consistorio até Perlío, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións.

As tarefas, que inclúen a eliminación de polas depositadas na canle do río e lodos, contan cun investimento de aproximadamente 8.000 €. Así mesmo, desde a área de medio ambiente tamén se iniciaron os traballos de poda de árbores na Avenida Naturais e na Marqués de Figueroa, unha actuación que ronda os 15.000 €.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de medio ambiente, María del Carmen Martínez, supervisaron o inicio destes traballos.

O rexedor destacou que esta limpeza “enmárcase dentro dos esforzos do goberno local para previr as consecuencias das fortes choivas”, e lembrou a recente compra e posterior limpeza dunha parcela en Perlío que supuña un dos maiores obstáculos para o paso da auga no río. “Levamos meses traballando en diferentes frontes para minimizar os riscos de inundacións provocadas polas subas do Cádavo e garantir a tranquilidade da nosa veciñanza”, asegurou Trigo.

Pola súa parte, María del Carmen Martínez, subliñou a importancia de manter os espazos verdes coidados. “A poda das árbores non só mellora a estética das nosas avenidas, senón que tamén prevén posíbeis problemas derivados da caída de polas en época de choivas”, explicou a concelleira.

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *