“Coidamos Cedeira” proxecto de fomento da investigación

“Coidamos Cedeira” é un proxecto centrado na conservación dos recursos pesqueiros, marisqueiros e acuícolas, así como na mellora da calidade ambiental da zona costeira, a través dunha serie de accións que se levarán a cabo entre os anos 2024 e 2026.

Unha delas é a posta en marcha dun programa de investigación medioambiental sobre as problemáticas e oportunidades desta zona, co fin de incentivar a realización de estudos de este tipo no territorio. Dentro de esta actividade, tivo lugar hoxe a primeira reunión na que se trataron as distintas problemáticas medioambientais da Vila e as posibles temáticas de investigación a promover.

Algúns dos temas centrais foron as especies invasoras de flora, a existencia de novas especies mariñas na zona, a rede de saneamento, entre outros.

A través dos grupos de investigación das facultades proporase o estudo do territorio, invitándoos a visitalo e realizar aquí o traballo de campo para as súas investigacións. Deste xeito, membros dos grupos de investigación e o seu alumnado de interese poderán visitar o territorio para estudar as súas problemáticas ambientais, factores de risco, medidas para o coidado e outros aspectos de utilidade, realizando aquí os seus traballos de investigación.

Durante este ano 2024 levarase a cabo a definición do programa, as temáticas de investigación de interese para o territorio e as condicións para aparticipación, mediante a realización de unha mesa de traballo entre expertos
e representantes municipais.

Este proxecto foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Lea también

Navantia Puerto Real se la juega con el portaviones que quiere construir la Armada

El astillero de la Bahía tiene una dura competencia en Ferrol para conseguir este contrato …