A Deputación presenta a guía de viaxe “Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña”

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, presentou  no Castelo de Vimianzo a guía de viaxe “Patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña. Trece marabillas para un percorrido histórico”, editado pola Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña

Acompañárono a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e Maite Vence, coordinadora do proxecto e directora de Observer Science Tourism, plataforma dixital de destinos e servizos certificados de turismo científico.

O propio Castelo de Vimianzo, as Torres de Altamira, o mosteiro de San Xoan de Caaveiro, as Torres do Allo, os Batáns de Mosquetín, o Pazo do Mariñán, o Teatro Colón, o Ecomuseo Forno do Forte, o Centro de interpretación da natureza, o Centro etnográfico de Teixeiro e os dolmens de Axeitos, Cabaleiros e Dombate son as trece marabillas que a guía lle propón ao viaxeiro para coñecer polo miúdo a historia da provincia. Fotografías, infografías, historia, tradicións e curiosidades completan un volume que quere, ademais, salientar a necesidade de protexer o patrimonio coruñés dun xeito transversal e pedagóxico.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

“Non falamos dunha guía de viaxe ao uso, pois esta publicación fala de tradicións, de historia, de lendas, de formas de vivir e relacionarse co territorio, de cultura, de maneiras de viaxar, de rutas, de accesibilidade e de coordenadas, sen perder de vista a importancia que o patrimonio ten para o turismo”, explicou Penas.

Para o deputado, a riqueza do patrimonio coruñés non se circunscribe só a esas xoias arquitectónicas: “Temos unha inmensa colección artística no Pazo de Mariñán pero tamén repartida noutros edificios de titularidade da Deputación; e agardamos que algún día, máis pronto que tarde, poidamos contar co noso propio museo de arte provincial; niso imos traballar”.

Lea también

Palo Santo do Camiño, uno de los mejores quesos mundo por los “World Cheese Award

Palo Santo, con su queso curado “Palo Santo do Camiño” de 12 meses, ha sido …