A piscina da Gándara, Narón, dispón de vacantes en natación para adultos e matronatación

As persoas interesadas en acudir ás clases de natación para adultos, nas modalidades de iniciación e perfeccionamento, e de matronatación, dispoñen aínda dalgunhas vacantes na piscina municipal da Gándara.

Así o recordou o edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, que indicou que as matrículas se poden formalizar nas propias instalacións do Complexo polideportivo municipal da Gándara.

As clases de natación para adultos con vacantes son os luns, mércores e venres de 8.45 a 9.30 horas e pola tarde de 20.00 a 22.15 horas. Os martes e xoves tamén hai prazas de 20.45 a 22.15 horas.

En canto ás de matronatación, impártense os luns, mércores e venres, de 10.15 a 11.00 horas, podendo optar polas modalidades de natación pre-parto, post-parto e tamén recuperación do solo pélvico post-parto.

Lea también

Narón recibe do CPR Jorge Juan os carballos plantados polo alumnado de 1º da ESO

O edil de Medio Ambiente do Concello de Narón, Manuel Ramos, visitou as instalacións do …