Alumnado do primeiro curso do grao en Enfermaría da Facultade de Enfermaría e Podoloxía participou na mañá deste lúns nunha camiñada con aperitivo saudable desde o Campus Industrial de Ferrol ata A Malata.
Tamén se sumaron ao percorrido, o decano da Facultade, Pedro Gil Manso; a vicedecana de Organización Académica e Estudantes, Emma Rodríguez Maceda; vicedecana de Calidade, Divulgación e Innovación, Teresa Rosalía Pérez Castro; e secretaria do centro, Sara Fernández Basanta.
A actividade enmárcase no programa X Outubro Saudable que promove a Universidade da Coruña, a través da UDC Saudable, en colaboración coa Rede Española de Universidades Saudables.