Recepción ó equipo do Club Atletismo Narón que obtivo o 1º posto no Cto de España

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu no Concello de Narón, xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, aos integrantes do equipo masculino do Club de Atletismo Narón que recentemente se proclamaron campións de España na categoría sub 14 e tamén a Antía Lendoiro, primeira clasificada en lanzamento de peso na súa categoría, Ángela Lendoiro.

Á convocatoria acudiu tamén unha representante do equipo feminino; Manuel Polo, Evelyn Fernández e Alberto Casal, como adestradores e tamén algúns familiares dos menores.

O campionato estatal celebrouse os pasados 12 e 13 de outubro en Alcobendas (Madrid) e esta mesma fin de semana chegaron a Narón os participantes, sendo recibidos por Ferreiro e Santalla. En total acudiron á cita 58 equipos masculinos e 30 femininos, sendo os naroneses os que acadaron o primeiro posto na categoría sub14.

Pedro Moirón, Martín Barredo, Enrique García, Martín Saavedra, Antón Díaz, Xoán Galego, Mario García e Sergio González alzáronse co primeiro posto e estiveron en cabeza dende o inicio da competición, xa que cada deportista tiña que afrontar unha carreira e un concurso de saltos ou lanzamentos, ademais do relevo.

Ferreiro felicitou ao equipo por este gran logro “que é todo un orgullo para as naronesas e naroneses e que completa un excelente traballo que levades realizando durante moitos anos”. A alcaldesa asegurou que “sodes un exemplo a seguir no mundo do deporte na nosa cidade, un orgullo para os naroneses e sodes xa parte da historia desta cidade”.

A rexedora local felicitou tamén á atleta Ángela Lendoiro pola participación neste evento, para que o trasladase tamén ao resto de compañeiras do equipo –que obtivo o posto 21-, e de xeito persoal por acadar Lendoiro o primeiro posto en lanzamento de peso e ser subcampioa de España individual en tríatlon D.

Alberto Casal destacou a importancia de “quitarlles un sorriso, desfrutar dunha convivencia entre eles é unha satisfacción e unha alegría; a competición en si non é o destino final, si é certo que traes a medalla, fas historia, pero é moi importante a compañía e o camiño»

Así mesmo, Manuel Polo incidiu no feito de que “o máis importante con este éxito é que por fin poñemos o atletismo de Narón no sitio no que ten que estar.  Este é o primeiro título que temos no club de campións de España e vai ser un reforzo moi importante para o atletismo porque vai poñer o foco no traballo realizado durante anos e é un empuxón moi importante e unha subida de autoestima no conxunto”.

Finalmente Ferreiro destacou o papel do club local e mencionou especialmente o labor dos adestradores e das familias das rapazas e rapaces “fundamentais para que continúen, en cada caso, formando e fomentando a práctica do deporte, así como apoiándoos en cada adestramento e competición, para que independentemente do resultado, dean o mellor de si”.

Lea también

Ferrol da la bienvenida a Papá Noel y sus elfos en su «fábrica mágica» de Nadalia

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, la delegada territorial de la Xunta en …