O BNG de Ferrol acusa ó goberno local de subir os tributos á veciñana

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, considera que a proposta de modificación de ordenanzas fiscais, presentada polo goberno local «é unha nova mostra da política retrograda dun alcalde que ao mesmo tempo que lle mantén os privilexios ao Ministerio de Defensa, a Autoridade Portuaria ou mesmo as concesionarias de servizos públicos nesta cidade non para de subirlle os tributos aos veciños da cidade sometidos ademais a unha inflación galopante nos últimos tempos e diante da cal o goberno local manifesta unha total e absoluta indiferenza».

«No canto de adaptar as ordenanzas fiscais a esta realidade social por medio de bonificacións e esixirlle responsabilidades a outras administracións como o Ministerio de Defensa ou a Autoridade Portuaria o goberno local decide primeiro subirlle o auga a todas e todos os veciños da cidade e agora o IBI, mentres o 20% do solo urbano da cidade non tributa ou pagamos 800.000 euros de máis pola recollida do lixo no concello de Ferrol».

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …