Os libros expurgados da Biblioteca de Narón póñense á disposición dos veciños

 
 
 
Os materiais expurgados do depósito da Biblioteca municipal de Narón durante este verán están dispoñibles para as persoas interesadas na planta baixa da sección de adultos das citadas instalacións. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, indicou que as publicacións, moi variadas en canto ao xénero e temática, poden levarse, ao non formar parte xa da colección do centro.
 
Así mesmo, a concelleira indicou que a partir do vindeiro luns 14, poranse a disposición da cidadanía os materiais expurgados este ano na Axencia de Lectura da Gándara, na Casa da Mocidade. Neste caso poderán retirarse tamén no horario de apertura das instalacións, de luns a venres entre as 17.00 e as 19.00 horas.
 
Ameneiro animou ós veciños a pasarse polas citadas instalacións municipais “para poder comprobar se algunha das publicacións é do seu interese e poderlle dar unha segunda vida”.

Lea también

Minuto de silencio ante o Concello de Narón tralo asasinato dunha muller en Ourense

A alcaldesa, Marián Ferreiro, encabezou a concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta …