Psoe Ferrol denuncia unha subida de tasas e impostos

«Ademáis da subida da auga, a posible do canon de Sogama ou os comedores escolares, agora soben o recibo do IBI. Nos 4 anos de mandato socialista non se subiu ningún imposto».

Ángel Mato, portavoz do Grupo Municipal Socialista de Ferrol lamenta profundamente «a decisión do Partido Popular (PP) de impoñer aumentos de impostos e taxas que non teñen en conta as dificultades que atravesan as familias ferrolás».

«Para nós, está claro que este goberno decidiu poñer por diante o equilibrio das contas municipais en lugar das necesidades reais dos veciños, especialmente nun contexto no que moitas familias seguen sufrindo os efectos da crise derivada da guerra en Ucraína co aumento significativo dos prezos nos productos básicos»

«O Partido Popular aprobou agora un incremento no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) que se suma á subida no recibo da auga, ao aumento do custe para as familias dos comedores escolares, e a posible subida do recibo de lixo por mor da subida no canon de Sogama, medidas todas que cargan inxustamente aos cidadáns».

«Estes non son impostos progresivos nin pensados para mellorar os servizos; son impostos iguais para todos, independentemente do que teñas. Este é o modelo fiscal de Rey Varela», denunciou o portavoz socialista do Concello de Ferrol, Ángel Mato.

O Grupo Municipal Socialista entende que «os impostos deben actualizarse dun xeito  sostible, progresivo e con responsabilidade, non todos ao mesmo tempo. Cremos que a actual administración non está a velar polos intereses dos veciños, senón polas súas propias necesidades de cadrar as contas».

«Durante a lexislatura anterior, cando gobernaba o Partido Socialista, non se optou por subir os impostos debido ás difíciles circunstancias económicas provocadas pola pandemia e a guerra en Ucraína, unha situación que aínda persiste. As nosas decisións estaban enfocadas en axudar ás familias, conscientes das dificultades que estaban a atravesar. Agora, o Partido Popular cambiou o enfoque, deixando de lado aos cidadáns e centrando os seus esforzos en mellorar as contas municipais sen ter en conta o impacto que estas subas teñen na economía familiar»

O Grupo Municipal Socialista pide ao alcalde e ao seu equipo «que revalúen estas decisións, que están a prexudicar gravemente ás familias de Ferrol por riba de cadrar as contas do concello que por outro lado non están en risco».

Lea también

El martes inauguración del «Rastrillo» de la A. Nuestra Señora del Carmen

La asociación “Nuestra Señora del Carmen” de Ferrol celebrará desde el martes 26 de noviembre, …