A naronesa Ana Varela publica “Runrún”, a súa primeira novela

A naronesa Ana Varela publica “Runrún”, obra ambientada en Ferrol, que amosa como pode virar nun momento, e supón o debut da autora na Editorial Galaxia.

Publicada na colección Literaria Ronsel, «Runrún», de Ana Varela, amosa a historia de Uxía, unha xanela aos retallos dunha vida. Unha perspectiva na que prima a saúde mental, os coidados, a afectividade e as relacións sociais.

Tras a prematura morte dos seus pais, Aldara sofre un episodio psicótico, e a súa irmá, Uxía, faise cargo, soa, da situación. Apenas unhas horas que nos deixan ver os seus afectos, os escollidos e os que veñen dados, que por veces se volven caníbales, das circunstancias e dos prexuízos que nos atrapan, e de como todo pode virar nun momento, do fácil que é estar no outro lado do espello, iso que tanto tememos.

Esta semana chegará a todas as librarías.

La naronesa Ana Varela

Ana Varela (Narón, 1978) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Actualmente traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En 2017 gañou o XXI Certame de Poesía Francisco Añón co seu primeiro libro, Asombrario, e en 2019 o VI Premio Gonzalo López Abente co poemario Onde nacen as hedras. Algúns dos seus poemas tamén viron a luz na revista Dorna. «Runrún» é a súa primeira novela.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …