Afundación abre «Simultánea», unha exposición que mostrará 350 obras da súa colección de arte

Afundación, a Obra Social de ABANCA, abre este mércores 9 ao público o proxecto expositivo «Simultánea», que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

«O obxecto contemporáneo e doméstico» é a mostra deseñada para a Sede Afundación de Ferrol, onde o público poderá achegarse á representación dos obxectos e ambientes domésticos, combinando elementos tradicionais e perspectivas innovadoras.

A proposta, dunha envergadura inédita, nace para celebrar con toda Galicia, no marco da conmemoración do X aniversario da Obra Social de ABANCA, a riqueza dun patrimonio artístico ―Ben de Interese Cultural desde 2015― que Afundación tutela e divulga.

O proxecto expositivo mostrarase simultaneamente desde este mércores nas sedes de Afundación na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo. Pola tarde, programáronse percorridos para todos os públicos, ás 19.00 e ás 20.00 h.

Lea también

La Xunta licita por más de 16,3 millones la construcción de 92 viviendas públicas en Narón

El Consello de la Xunta ha autorizado este lunes la licitación del contrato de ejecución …