Programación desta fin de semana no Pazo da Cultura, Narón

O Pazo da Cultura acolle esta fin de semana tres novos espectáculos da programación do Padroado da Cultura. Este venres estrearase en Galicia a obra Faros, unha peza de narración oral dirixida e escrita por Félix Albo, que se poderá ver ás 20.30 horas.

A peza, ambientada nos anos oitenta, conta a historia de cinco menores que viven nun piso tutelado e abórdanse diferentes temas vencellados á sociedade actual, vistos dende a tenrura e o humor. O reencontro dos cinco, xa como persoas adultas e recordando a súa historia e amizade, pechará a temática desta obra.

Na xornada do sábado, ás 20.00 horas, será o turno da danza contemporánea, coa peza Va de Bach, da compañía Aracaladanza e dirixida por Enrique Cabrera.

Durante aproximadamente unha hora o espectador achegarase á figura de Bach como inspirador deste traballo de alta cultura dirixida a todos os públicos, a partir de 5 anos.

O domingo 13 será o turno do público familiar e infantil, ao que se dirixe o musical Vaiana, de Gaudium Teatro. A partir das 18.00 horas e durante algo máis dunha hora, menores e adultos desfrutarán desta proposta cargada de emoción, con voces en rigoroso directo e extraordinarias coreografías e proxeccións.

Vaiana é a protagonista deste espectáculo, destinada a converterse na xefa da illa de Monotui e que vivirá numerosas aventuras para salvar a súa aldea.

As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Amplíase en Narón o prazo de inscrición no curso de manexo de móbiles intelixentes

O Concello de Narón ampliou ata o 28 de outubro o prazo de inscrición no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *