Minuto de silencio no Concello de Narón en repulsa do crime machista de Fadoua Akkar

A alcaldesa da de Narón, Marián Ferreiro, presidiu este martes, ás 12.00 horas, a concentración convocada ante o Consistorio polo crime machista que lle custou a vida o pasado sábado a Fadoua Akkar, de 41 anos e veciña de Moaña (Pontevedra).  A muller, nai dun menor, perdeu a vida ao caer ao mar dende un vehículo no paseo de Domaio, detendo posteriormente ao o home que o conducía, xa en prisión acusado de homicidio.

No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. Os asistentes portaron unha pancarta do Concello co lema: “Contra a violencia de xénero”.

Lea también

Los bomberos de Narón sofocaron un incendio en una vivienda de la calle San Benigno

Los bomberos de Narón realizaron una intervención cerca de las diez de la noche de …