Máis de 300 escolares de Narón participaron nos actos da Semana da Seguridade

Un total de 306 escolares da cidade participaron a pasada semana nas actividades organizadas polo Concello de Narón, a través da concellería de Seguridade Cidadá, con motivo da Semana da Seguridade.

O alumnado de sexto curso de Primaria dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, O Feal, Ayala, Virxe do Mar, A Solaina, A Gándara, e Santiago Apóstol sumouse a esta iniciativa, que se desenvolveu durante catro días, do 1 ao 4 de outubro. Os espazos interiores dos propios colexios ou pavillóns polideportivos dos mesmos acolleron a actividade, coordinada por Sonia López, do equipo de Educación Viaria de Narón.

Durante unha hora e media, aproximadamente, os escolares tiveron a oportunidade de coñecer a casa do fume, na que se simulaba un incendio dentro dunha vivenda para, a continuación, explicarlles aos menores como se debe actuar ante un suceso destas características.

Na actividade colaborou tamén persoal de Protección Civil de Narón e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS). Unha vez co alumnado, amosábaselles a casa inchable sen fume para, a continuación, enchela de fume e ensinarlles a xestionar unha evacuación, procedemento este último que se facía tras explicarlles as normas básicas de evacuación.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, incidiu en que se trata “dunha proposta moi didáctica para os menores, que lles proporciona uns coñecementos que poden poñer en práctica a través do simulacro e que no caso de que sexa necesario, que mellor que non faga falta nunca, saiban reaccionar para minimizar posibles riscos”.

Lea también

O programa de Narón «A saúde mental importa» convoca tres novas conferencias

O programa municipal “A saúde mental importa” continúa desenvolvéndose este mes con tres novas conferencias. …