Ares acolle dúas charlas de AFAL centradas no alzheimer e outras dolencias

A asociación Afal Ferrolterra promove xunto coa concellaría de Igualdade e Benestar de Ares un ciclo de dúas charlas divulgativas con profesionais que traballan día a día coa enfermidade do alzheimer.

Unhas sesións para axudar a entendela mellor e a adquirir un coñecemento que contribúa na mellora da calidade de vida de familias e afectados por ela.

Así, a primeira delas producirase o martes 15 de outubro, e achegará contexto sobre as demencias, cales son os seus principais síntomas e que sinais de alerta podemos atopar nunha persoa para decatarnos do seu posible inicio. A panorámica permitirá así ter un marco xeral sobre o alzheimer.

A segunda das charlas divulgativas organizarase o xoves 17 de outubro, poñendo o foco en cuestións directamente vencelladas coa autonomía das persoas con demencia e as mobilizacións que se poden realizar cando presentan problemas no desenvolvemento de actividades cotiáns. Unha sesión pragmática para que, a través da experiencia de profesionais da saúde, a veciñanza conte con máis ferramentas no día a día na súa relación co alzheimer.

As dúas charlas organizaranse de 16:00 h. a 18:00 horas no Salón de Actos da Alianza Aresana e requiren de inscrición previa a través dun dos tres métodos habilitados para tal uso: de xeito presencial no Departamento Municipal de Servizos Sociais, contactando vía e-mail con servizos.sociais@concellodeares.com ou por teléfono no 981 468 102.

Lea también

Neda mantendrá abierto todo el año la solicitud de sus ayudas de natalidad

El Ayuntamiento de Neda recuerda que mantiene abierto durante todo el 2024 el programa de …