A Universidade da Coruña organiza un workshop gratuíto sobre computación aplicada ao CERN

O obxectivo principal do taller é preparar as achegas dos grupos de investigación españois para a próxima actualización en 2025 da Estratexia Europea de Física de Partículas.

A Universidade da Coruña organiza, do día 2 ao 4 de outubro na Coruña, un workshop de carácter nacional sobre a computación aplicada aos experimentos do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) e proxectos relacionados, que requiren unha grande cantidade de computación de alto rendemento.

O obxectivo principal deste encontro é preparar as achegas dos grupos de investigación españois que traballan nestes campos cara á próxima Estratexia Europea de Física de Partículas. Este proceso de priorización define as liñas de acción das actividades europeas neste ámbito, e actualízase cada varios anos. De feito, a última actualización realizouse en 2020, estando prevista a seguinte para o ano 2025.

A inscrición no workshop é gratuita, e o contido pode resultar de gran interese para estudantes de Enxeñaría Informática interesados no procesamento de datos e computación en física de partículas.  Esta é unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man os retos computacionais que acompañan os grandes experimentos científicos do CERN e involucrarse no futuro da investigación en física de altas enerxías.

Máis información e programa completo na seguinte ligazón:

https://indico.cern.ch/event/1444132/.

Lea también

La Policía Nacional interviene en 23 centros educativos gallegos, entre ellos en Ferrol, ácido pícrico, una sustancia potencialmente peligrosa

La Policía Nacional ha detectado e intervenido para su destrucción recipientes que contenían ácido pícrico …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *