XX Certame de Habaneras de Narón

A Sociedade Cultural Areosa en colaboración co Padroado de Cultura do Concello de Narón organiza o Certame de Habaneras de Narón que este ano chega á súa vixésima edición.

Terá lugar este sábado 28, ás 17.30 horas no auditorio municipal da Praza de Galicia. Nesta ocasión pasarán polo escenario ademais da Coral da S.C. Areosa, a Coral San Esteban de Redondela, a agrupación Lucero del Alba de Neda e a Rondalla Vila de As Pontes.

A entrada é de balde.

Lea también

Xa á venda os tickets para a sardiñada da Noite de San Xiao en Narón con actuación de De Ninghures

O sábado 27 de xuño, a contorna do centro cívico social de San Xiao converterase …