A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza este domingo 29 de setembro unha nova Xornada Formativa en Música Tradicional, desta volta centrada na Requinta.
A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e será impartido por Úrsula Rial Diplomada da Etrad de Vigo como Mestra de Música Folk e Tradicional na especialidade de requinta galega.
Entre as 10:00 horas e as 14:00 horas os asistentes poderán achegarse a este instrumento da nosa cultura etnomusical dende 0, sen ser preciso ter coñecementos previos nin instrumento, xa que serán proporcionados pola docente para a realización do obradoiro.
Este obradoiro é único na comarca onde non existe na actualidade ningunha formación neste instrumento.
Así a Asociación Cultural Vai Rañala Meu! pretende promover un marco formativo estable en música tradicional, sobre todo nas materias que non se ofrecen polas entidades da comarca, para que a veciñanza poda acceder a unha formación completa neste eido.
As persoas interesadas poden inscribirse escribindo ao seguinte enderezo electrónico vairanhalameu@gmail.com ou no whatsapp 616 4218 882
A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! é conta co colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.