A UDC abre matrícula para os obradoiros culturais do primeiro cuadrimestre

As persoas interesadas poderán matricularse entre o 24 e o 30 de setembro. O alumnado da UDC terá dereito ao recoñecemento de créditos.

A Universidade da Coruña UDC acaba de abrir, ata o vindeiro luns 30 de setembro, o prazo de matrícula para poder participar nos obradoiros da Área de Cultura, que terán lugar no Espazo de Intervención Cultural Normal, no Campus da Coruña, e o Centro Cultural Universitario do Campus de Ferrol.

Os membros da comunidade universitaria contarán cunha ampla oferta formativa, que comprende disciplinas como danza, escrita creativa, creación e produción musical, fotografía ou estampación, entre outras propostas.

A matrícula pode facerse de xeito telemático na web da UDC e está aberta tanto para a comunidade universitaria como para o público en xeral. Ademais, o alumnado da UDC participante terá dereito ao recoñecemento de créditos.

Máis información e inscricións nas seguintes ligazóns:
Obradoiros presenciais en Normal:

Escritura de Guión. Docente: Ángela María Andrada Gómez.
Creación e produción musical. Docente: Alfredo Manuel García Sánchez.
Escritura creativa. Docente: Rocío Otero González.
Fotografía. Docente: Tamara Castrillejo Gutiérrez.
Obradoiro de Teatro. Docente: Sara Rey Seoane.
Obradoiro de Danza: Soma. Docente: Javier Fernández Martín.
Obradoiro de Actividade Musical colectiva. Docente: Daniel García Artés.

Obraroiros presenciais en Ferrol (Centro Cultural Universitario).

Danza contemporánea. Docente: Alicia López Méndez.
Fotografía. Docente: Bandia Ribeira Cendán.

Obradoiros de proposta libre en Normal:

Obradoiro de FanZine. Docente:Natalia Brandariz Fernández.
Obradoiro de Cadernismo e Debuxo Urbán. Docente: Daniel Carvajal Alonso.

Obradoiros de proposta libre presenciais en Ferrol (Centro Cultural Universitario):

Lab Textile Ferrol. Docente: Pilar Marcó Padín.

As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en «comunidade universitaria» para os membros dos diferentes colectivos da UDC, ou en “persoas externas”, para o público xeral.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegase a cinco persoas.

Calquera dúbida ou incidencia poderase consultar na dirección de correo electrónico normal@udc.gal ou nos teléfonos 881014502, en quenda de mañá, ou 881014511, en quenda de tarde, para os obradoiros de NORMAL; e para os ofertados en Ferrol, no correo cultura.ferrol@udc.gal e o teléfono 881013697, en quenda de mañá.

Lea también

José Polo Taibo expone en la oficina de turismo de la Plaza de España de Ferrol

La exposición se puede visitar en horario de mañana y de tarde hasta el 21 …