O BNG reclama melloras na conexión ferroviaria de Narón e a súa área de influencia

O BNG de Narón leva ao pleno de setembro unha moción na que reclama ao goberno do Estado que se cumpra con Galiza e se implanten os trens de cercanías con frecuencias axeitadas e que estea recollido Narón e a súa área de influencia; ademais de investimentos e maior frecuencia do antigo FEVE que pasa pola nosa cidade ao Ministerio de transportes, que permitan que o tren sexa unha alternativa eficaz ao coche para desprazarse a centros de estudos ou de traballo.

Na cidade de Narón e na súa área son importantes e históricos os déficits no que ten a ver coa súa conexión ferroviaria. A recente chegada do tren de alta velocidade a Galiza non resolve estas necesidades, xa non por ficar pendente a mil veces prometida conexión directa de Ferrol con Compostela, senón tamén polos escasos avances para a materialización da estratéxica dun tren de cercanías con boas frecuencias que permitan que o tren, que divide a Narón en dous, sexa un transporte eficiente e ecolóxico na nosa cidade.

O importante aumento da demanda dos servizos ferroviarios, nomeadamente no caso da rede de Media Distancia, evidenciou a importancia dun maior desenvolvemento da conexión ferroviaria pero tamén deixou patente a insuficiencia da oferta actual, tanto no que ten a ver cos horarios como co número de prazas ofertadas.

A día de hoxe, na Galiza non existen os servizos de proximidade de Renfe, nin nas principais cidades e áreas urbanas, como é o caso de Narón. “Ningún goberno español soubo explicar até agora a situación de por que en Galiza non temos servizo de cercanías.  Urxe a posta en marcha dunha rede tren de proximidade que vertebra a contorna metropolitana de Narón e Ferrol e que a conecte con Asturias, Cantabria e Euskadi de maneira eficiente”, indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG.

 

Lea también

O BNG de Narón insta a incluir un técnico deportivo profesional no cadro laboral municipal

O BNG de Narón leva ao pleno de setembro unha moción na que insta ao …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *