Presentación en Coruña do proxecto `YOUTUBEIRAS+´

O obxectivo é fomentar a creación de contidos dixitais en galego.

O acto contou coa presencia da alcaldesa de Narón, Marían Ferreiro, a alcaldesa de Moeche Betariz Bascoy e a concelleira de Educación e Universidade de Ferrol Patricia Cons, entre outros.

Este martes no Reitorado de Universidade de A Coruña  presentouse o proxecto Youtubeiras+, organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o do Concello de Ferrol, Moeche, Narón, as tres universidades e a Deputación de A Coruña.

Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar a creación de contidos dixitais en galego con temáticas e formatos diversos, ademais de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede.

Esta edición, a octava xa, preséntase baixo o lema Fachenda ao cadrado. O prazo de inscrición está aberto e remata o 15 de novembro. Poden participar todas as persoas maiores de 14 anos con canles de YouTube e/ou TikTok autoproducidas, no caso de ser menores de idade, a inscrición incluirá a autorización da persoa titora legal.

Entre os requisitos, os participantes deberán ter a maioría dos vídeos en galego, contar como mínimo cun vídeo subido a partir do 15 de novembro de 2023 co cancelo #youtubeiras; non ter restricións de privacidade; os títulos, as descricións e os subtítulos permanentes, no caso de habelos, estarán en galego e os vídeos poden contar subtítulos de activación opcional no YouTube noutras linguas.

En canto aos premios, repartiránse 7.500 euros entre as súas sete categorías. calquera persoa poderá presentar suxestións a través do formulario habilitado.

Máis información sobre as bases e premios na web https://youtubeiras.gal/

Lea también

Alumnado do CPI Atios en Valdoviño asiste ao monólogo «Galego para Adolescentes»

O Concello de Valdoviño convidaba o xoves 3 á tarde ao alumnado de Educación Secundaria …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *