San Sadurniño crea unha bolsa de emprego para o posto de técnico deportivo

O Concello de San Sadurniño publicou no portal de transparencia e no BOP do pasado 12 de setembro a convocatoria do proceso selectivo mediante concurso para cubrir temporalmente o posto de técnico deportivo.

Unha convocatoria coa que, ademais, tamén se creará unha bolsa á que poder recorrer no caso de baixas ou permisos da persoa titular da praza. Para participar no proceso, sempre que se cumpran os requisitos, pode presentarse a solicitude canda a documentación requirida (así como o resgardo do pagamento dos dereitos) ata este xoves 26 de setembro.

Os requisitos xerais son os comúns a calquera convocatoria de emprego público, como o de ter feitos os 16 anos, ter a nacionalidade española ou de estados membros da UE, posuír a capacidade funcional para o desempeño do traballo ou que non haxa impedimentos legais para traballar nunha Administración por sancións resultado de expedientes disciplinarios ou outras circunstancias similares.

Porén, neste caso tamén se pide titulación específica como técnico medio en condución de actividades físico-deportivas no medio natural, ou titulación superior relacionada coas actividades físicas e deportivas. Deberase estar xa en posesión de calquera destas dúas acreditacións ou estar en condicións de obtelas na data en que finalice o prazo de presentación de instancias.

Tamén se deberá acreditar o coñecemento do galego co CELGA 4 ou equivalente. No caso de non contar con esta certificación, haberá que superar unha proba que non puntuará, pero que cualificará á persoa aspirante como apta ou non apta para o posto.

O proceso levarase a cabo mediante concurso, é dicir, valorando a formación e a experiencia da persoa aspirante. En total poderán obterse un máximo de 50 puntos, repartidos da seguinte maneira: ata 20 por cursos homologados ou por ter unha titulación distinta da esixida como requisito e outros 30 pola experiencia laboral acreditada, sexa en Administracións públicas (0,20 puntos por mes completo traballado ou fracción superior a 20 días) ou en empresas privadas (0,15 puntos/mes ou fracción de máis de 20 días).

A persoa que acade a maior puntuación será proposta para contratación inmediata como substituta con carácter temporal do técnico deportivo titular da praza. Ademais, seguindo a orde da baremación das e dos aspirantes, o Concello tamén elaborará unha lista á que se recorrerá no caso de incapacidades, permisos de paternidade ou maternidade.

As bases poden consultarse no BOP do pasado 12 de setembro, no apartado de Transparencia da Sede Electrónica ou na ligazón que hai algo máis abaixo. A solicitude, acompañada doutra documentación requirida -entre ela o resgardo de pagamento dos 18,46€ da taxa de exame- hai que presentala como moi tarde este 26 de setembro.

Modelo solicitude (.odt) – Até o 26 de setembro
Bases do proceso selectivo

Lea también

Cariño ‘rescata’ del mar el pesquero Artal 13 años después y estudia un nuevo uso en tierra

El Concello de Cariño ‘rescató’ del mar en la mañana de este lunes, día 23 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *