Apertura do prazo para participar nunha Andaina por Fene

O roteiro, de aproximadamente 6,5 kilómetros de lonxitude e hora e media de duración, comezará no CMI Unidade de Fene e terá como principais puntos de interese no percorrido: o parque do pallaso, o Camiño Inglés, a escola de Fonte do Campo, a Casa da Cultura, a igrexa de Fene, os murais do Perla Mural Fest 2023 e 2024, o parque liñal do río Cádavo, Santa Ana e Concello ou Xulgado. 

Pódese consultar o itinerario completo no seguinte enlace https://maps.app.goo.gl/vWFC3FuA3xeLm4Gw6?g_st=aw.

As prazas son limitadas, 50 por aindaina, e segundo informan desde a concellería de Deportes, non poderán participar máis persoas das inscritas.

As persoas interesadas en inscribirse na andaina por Fene do vindeiro 5 de outubro poderán facelo a partir deste luns 23 de setembro no Departamento de Deportes (avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas.

Estas rutas encádrase no programa “Andainas por Fene”; roteiros organizados en colaboración coas sociedades parroquias e Eroski- cos que o Concello quere dar a coñecer á veciñanza a riqueza paisaxística e patrimonial do conxunto do territorio local mentres se goza dunha actividade saudábel ao aire libre.

Para o día da marcha, desde o departamento de Deportes recomendan ás persoas inscritas levar calzado e roupa cómoda.

Lea también

Finalizan en Neda los trabajos de construcción de la nueva rotonda de Xuvia

Finalmente han concluido las obras de la rotonda de Xuvia, una intervención solicitada por el …