XI Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero

A Deputación da Coruña vén de convocar o XI Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 31 de outubro.

Repartirá 15.000 euros en premios: 5.000 para o gañador das tres categorías a concurso: Educación infantil; Educación primaria e Educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan esas tres modalidades de ensino.

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento dos estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así coma a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

A presentación dos proxectos e todos os trámites da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

As bases do certame están publicadas no BOP do 29 de agosto.

Lea también

Comienza la rehabilitación en Ferrol del castillo de San Felipe

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, valoró positivamente el inicio de las obras …