Pontedeume celebra o centenario da declaración como BIC do Torreón dos Andrade

O Concello de Pontedeume celebra este venres 13 de setembro, o centenario da declaración do Torreón dos Andrade como Ben de Interese Cultural.

O Torreón e o desaparecido pazo dos Andrade foron declarados BIC o 13 de setembro do 1924, como así se recolle na por entón denominada “Gaceta de Madrid” número 261, do 17 de setembro de 1924.

Dende o Concello quérese conmemorar a devandita declaración coa proxección dunha iluminación especial do edificio e o lema da Casa dos Andrade, que permanecerá ata final de mes nunha das paredes do edificio para lembrar e poñer en valor o patrimonio histórico e arquitectónico da vila dos Andrade.

Con esta actuación dáselle continuidade á liña trazada ao longo do ano polo Concello de Pontedeume coas charlas “Educando en patrimonio”. O obxectivo destas charlas foi achegar á cidadanía conceptos fundamentais sobre a súa relevancia e a importancia da súa conservación.

Para recordar esta data, desde o Concello repartirase unha bolsa conmemorativa, que será entregada na Oficina de Turismo ao longo da fin de semana.

Lea también

Aparece la mujer de 71 años que se ausentó el miércoles pasado del domicilio de su hija en Ferrol

La mujer de 71 años a la que se buscaba esta semana en la ciudad …