A Deputación de A Coruña organiza o Rede Coworking Fest

O Rede Coworking Fest é o primeiro festival de coworking da provincia. Durante a vindeira semana, do 16 ao 22 de setembro, os 11 espazos que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña organizarán unha ampla programación de eventos de diversa tipoloxía.

Fuente Diputación de A Coruña

Trátase de 28 eventos e máis de 100 horas de actividades para dar a coñecer a todas as persoas interesadas os servizos e actividades que se ofrecen nos espazos de traballo colaborativo que conforman a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña:

O coworking do Pazo de Arenaza (Oleiros), o LAB-Barbanza (Boiro), Transformando en Brión, o Espazo A Proa (Ames), o Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche), o coworking A Capela, o centro de emprendemento A Estación (Vedra), o Green Coworking (As Pontes), o Coworking A Pobra, o coworking Dixital Compostela (Santiago) e a Casa do Pescador (Miño).

Segundo explicou a deputada responsable de Emprego e Industria, Rosa Ana García, do 16 ao 22 de setembro estes espazos acollerán formacións especializadas, xornadas de portas abertas, visitas, obradoiros e charlas de especialistas, asesoramento especializados a persoas emprendedoras, encontros empresariais sectorais e ata unha feira labrega, co obxectivo de achegar o funcionamento da Rede de Coworking á sociedade e, en concreto, ás persoas interesadas en emprender un negocio.

“O obxectivo desta iniciativa é fomentar o emprendemento local, dar a coñecer o que a Rede de Coworking da Deputación ofrece aos emprendendores e emprendedoras da provincia en cada un dos seus 11 centros, fomentar as sinerxias e redes de contacto que permitan crecer ás empresas e apoiar aos sectores clave na provincia, xa que cos coworkings son especializados por áreas”, explicou a deputada de Emprego.

Todos os eventos son gratuítos e abertos ao público en xeral. Tanto a consulta da programación, como a inscrición nos eventos do Rede Coworking Fest pode realizarse desde a súa páxina web: https://redecoworking.pel.gal/coworkingfest-2024

A Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña

A Rede Provincial de Coworking, creada no marco do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, comenzou o seu funcionamento en 2019 coa posta en marcha en Oleiros do primeiro coworking no Pazo de Arenaza.

Dende entón, a Rede non parou de medrar e a día de hoxe son 11 os espazos que a conforman, entre coworkings, viveiros de empresa e espazos colaborativos especializados na transformación agroalimentaria.

Esta Rede é única en Galicia, xa que cada un dos centros que a conforman atópase especializado no sector ou sectores estratéxicos da zona onde se localizan. Ademais, a meirande parte destes centros atópanse no rural coruñés e todos eles prestan servizos de apoio e fomento ao emprendemento a nivel supramunicipal.

Lea también

El IEO estimará la abundancia de cigala en Galicia a través de la toma de imágenes submarinas y muestreos

  Personal científico del Instituto Español de Oceanografía (IEO) estimará la abundancia de cigala en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *