O Padroado de Deportes de Narón abre matrícula nas Escolas Deportivas municipais

Pabellón polideportivo a Gandara-Narón

O prazo de inscrición nas actividades das Escolas Deportivas do Padroado de Deportes para o curso 2024-2025 abrese este luns para os veciños de Narón e o vindeiro 16 de setembro para as persoas empadroadas noutros concellos.

Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, que recordou que as inscricións se deben tramitar nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas.

As persoas interesadas en asistir a algunha das escolas deportivas ubicadas  no complexo polideportivo municipal da Gándara poden inscribirse en: natación, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación. No caso das escolas deportivas exteriores, poderán facelo en: tenis de mesa, remo e xadrez.

As inscricións nas actividades conveniadas con outros clubs: atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, boxeo, kick boxing, voleibol, ximnasia rítmica, patinaxe artística, etc. deben realizarse nos propios clubs, podendo informarse tamén sobre as mesmas nas oficinas do pavillón polideportivo da Gándara.

Lea también

O programa Nadal en Narón inclúe propostas musicais, deportivas e de lecer

O programa Nadal en Narón presentado este xoves 12 no Concello contempla unha gran variedade …