Vales en Narón para mercar agasallos de Nadal ós menores de familias vulnerables

A partir deste luns 9 de setembro, permanecerá aberto no Concello de Narón, durante quince hábiles (contados dende esa data) o prazo para solicitar as axudas convocadas para a adquisición de agasallos de Nadal destinadas ás familias máis vulnerables da cidade, contribuindo así ao fomento da igualdade dos nenos e nenas pertencentes a familias máis vulnerables.

Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, trala publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Poderán solicitar as axudas todas as familias empadroadas en Narón con fillos menores que a 31 de decembro de 2024 teñan entre 0 e 16 anos.

As solicitudes poderanse presentar xunto coa documentación correspondente no Rexistro xeral do Concello, na Sede electrónica do Concello de Narón ou en calquera outro medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.

A edil naronesa explicou que a contía a conceder será de 60 euros por menor e o pago da mesma realizarase a través dun vale que se poderá presentar nos establecementos comerciais da cidade que acepten este medio de pago para poder adquirir os artículos solicitados polo importe máximo que figure no citado vale.

As bases reguladoras do procedemento poden consultarse ao completo no Boletín Oficial da Provincia do venres 6.

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/09/06/2024_0000006185.pdf

Lea también

El almirante Frutos Ruiz tomó posesión de su nuevo cargo como AJAL de la Armada

En la mañana del 4 de octubre, se ha celebrado en el vestíbulo del edificio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *