O Concello de Narón abriu este luns 2 o prazo de solicitude de axudas para o transporte de estudantes universitarios ás Facultades da Universidade da Coruña (UDC), no Campus da Coruña, durante o curso académico 2024-2025.
Estas axudas subvencionan o 50% do desprazamento diario, ida e volta no mesmo día, do estudantado empadroado na cidade matriculado nas diferentes escolas ou facultades da UDC. O importe máximo que se destina dende o Consistorio para estas axudas é de 13.200 euros, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro.
As tramitacións pódense realizar nos vindeiros dez días hábiles –contados dende hoxe- a través do Rexistro municipal –de luns a venres de 8.30 a 13.00 horas- a través do modelo oficial do Concello, que estará dispoñible no propio Rexistro e tamén na Sede Electrónica, donde se poderán tramitar, ao igual que mediante outros medios previstos no artículo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os solicitantes, para que se lles conceda a axuda, non poderán superar os umbrais de renda establecidos para esta convocatoria.
Para máis información pódese consultar a convocatoria do Boletín Oficial da Provincia dos días 26 e 30 de agosto ou a páxina web do Concello: naron.gal.