Máis de 2000 persoas participaron na exitosa primeira edición de «Pontedeume Vila do libro»

O Concello de Pontedeume converteuse a pasada fin de semana na primeira ‘Vila do Libro’ galega coa primeira edición de ‘Pontedeume, Vila do Libro’. O festival literario foi un éxito rotundo, no que a vila eumesa se transformou na capital galega do libro, cunha ampla oferta cultural.

En total, máis de 2.000 persoas participaron nas actividades programadas ao longo das tres xornadas do festival, que se celebrou dende o venres 23 de agosto ata o domingo 25. O formato das actividades incluíu dende pequenos
coloquios, charlas e ata concertos no Coliseo eumés, ao que se suma un obradoiro de creación de exlibris no que 65 persoas crearon o seu selo personalizado en diferentes sesións.

“É unha proposta que se diferencia do prototipo de festival literario, cunha ampla e variada programación que sorprendeu ao público”, indicou Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume. O rexedor aproveitou para agradecer á cidadanía eumesa, comerciantes e asociacións “pola súa complicidade en facer de Pontedeume a capital galega do libro”.

O programa contou cun total de 24 actividades que tiñan o libro, a literatura e a cultura galegas como eixos centrais. “Este tipo de actividades inclúen debates, encontros con autores, poesía, música ou arte, fomentando así o turismo literario e cun impacto positivo directo no comercio e na restauración”, afirmou Enric Bono, promotor da iniciativa, quen asegura que o éxito desta edición “permite pensar ya en ampliar Vila do Libro a otros municipios y en próximas ediciones en Pontedeume”.

Esta iniciativa puxo o foco no mercado editorial, convidando a 9 editoriais independentes que ofreceron máis de 400 obras diferentes, a maioría en lingua galega, e vendendo case 700 exemplares en total.

Ademais, ‘Pontedeume, Vila do Libro’ buscaba recuperar espazos habitualmente pechados ao público co fío condutor da literatura. Concretamente, recuperáronse 7 espazos, dos cales 3 se transformaron en librarías, 1 en espazo de lectura e 3 en librarías ficticias. A isto súmanse 7 instalacións de ambientación na rúa, nas que o libro foi o protagonista e que permitiron involucrar as propias rúas de Pontedeume na iniciativa.

“Vila do Libro» é especial pola súa variedade no programa, que trascende a literatura e chega a todos os ámbitos culturais”, sinala a concelleira de Cultura, Alejandra Bellón, quen recalca “a boa acollida por parte de comerciantes e hostalaría eumesa nesta fin de semana, co positivo impacto económico que supón”.

Lea también

Comenza en Narón o ciclo de Cine de animación no Pazo da Cultura

O ciclo de Cine de animación organizado polo Concello de Narón, a través do Padroado …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *