A Alianza Aresana acolle ‘Cartas a Michi, dende o confinamento… e despois’

Este martes 20 de agosto, Xoán Rubia chegará ó Salón de Actos da Alianza Aresana para falar dunha das súas últimas obras, ‘Cartas a Michi, dende o confinamento… e despois’, un conxunto de epístolas dirixidas á súa gata, pero tamén unha radiografía emocional dunha España atravesada pola pandemia.

Rubia debullará o nacemento desta publicación acompañado de Ánxeles Seoane, filóloga e profesora de literatura, e Anna Agustí Farré, escritora e poeta, a partir das 20:00 horas neste acto literario que promove a concellaría de Cultura.

O autor mugardés desprega nesta obra atravesada polo xénero epistolar unha análise crítica e irónica do sentido nese tempo convulso da covid-19. As cartas actúan agora como un documento íntimo que recompila o vivido pola cidadanía: a preocupación, as medidas restrictivas, a dor, as picarescas…

Un cúmulo de situacións que Xoán Rubia narra á súa gatiña Michi, como unha sorte de alter ego que escoita, atende e comprende, aunque en ocasións dubide do raciocinio e cordura dos seres humanos.

 

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …