As Pontes organiza no lago a III edición de “Un mar de lecer”

O departamento de Cultura, do Concello das Pontes, con motivo do décimo segundo aniversario da inauguración do lago das Pontes, organiza este venres 9 a terceira edición da iniciativa “Un mar de lecer”.

Una proposta cultural que se desenvolverá durante a tarde-noite do venres, 9 de agosto e que na que haberá propostas para todos os públicos. As actividades darán comezo ás 18:00 horas coa espectáculo de monicreques “Titiricircus” de Tanxarina títeres, un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo que o público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido.

Ás oito do serán será a queda para Tavole de Circo Chosco, un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas.

A partir das 21:30 horas será a quedan para o concerto de Broken Peach, banda creada na principios de 2009, buscando unha nova forma de fusionar a música co entretemento, diferenciándose das bandas de covers, dando un son persoal a cada unha das cancións que interpretan e unha estética extravagante

A continuación, ás 23:00 horas dará comezo un espectáculo pirotécnico e a noite de celebracións rematará cunha sesión de “dillei”, a partir das 23:15 horas da Duendeneta, una auténtica discoteca vintage.

Lea también

Llega a Ferrol el espectáculo «Camino mágico en el Pico Sacro»

El concejal de Fiestas de Ferrol, Arán López, junto con Kike Rodríguez, fundador de Queiman …