V Carreira nocturna Cidade de Narón

A cidade acollerá o vindeiro día 17 ás 21:30 horas unha nova edición, a quinta, da Carreira nocturna Cidade de Narón, na que están xa inscritas preto de 150 persoas.

O Concello e o Club Pasa ou Entorna organizan a convocatoria, para a que permanece aberto o prazo para anotarse –aboando 7 euros- ata o día 13 deste mes ás 12:00 horas, a través da web: www.sportmaniacs.com ou da aplicación saudeter live.

A saída e a meta estarán na Praza de Galicia e establecéronse catro categorías: senior e veterano A, B e C, para persoas a partir de 16 anos. En todos estes casos os participantes percorrerán un tramo de 7.000 metros, por diversas rúas da zona urbana.

Haberá trofeos para os tres mellor clasificados masculinos e femininos tanto na categoría xeral como os/as tres primeiros/as de cada categoría.

Tamén se entregará un agasallo ao corredor e á corredora de maior idade e entregarase o premio “Gadis” especial para o tramo de subida de “A Picotiña”, para o corredor e a corredora que realicen no menor tempo o tramo esa subida, duns 450 metros, que será cronometrado, e que ademais queden clasificados nos 30 primeiros postos do seu sexo na categoría xeral.

Os premios inclúen un especial para o club con máis corredores inscritos na categoría absoluta -200 euros para canxear no mesón A Bodeguilla- Antes do inicio das carreiras xerais terán lugar as de menores, a partir das 20:00 horas e nas categorías de gazapos, coelliños, coellos e lebres(nados entre os anos 2009 e 2020), que percorrerán distancias de entre 100 e 1.200 metros en función da idade.

O custe destas inscricións é dun euro ehaberá unha medalla e agasallos sorpresa para os participantes, ao ser unhas carreiras sen clasificacións para fomentar neste caso o deporte populare na rúa sen competitividade.

A recollida de dorsais será o venres 16 en horario de 18:00 a 21:00 en Dequip Galega Sport (estrada Batalla de Brión, 1, baixo, en Ferrol) e o sábado 17, día da celebración, entre as 10:30 e as 13:00 e dende as 19:00 ata media hora antes da proba no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia, na zona de saída da proba.

As persoas interesadas poden informarse de toda a actualidade do evento a través das redes sociais do club Pasa ou Entorna (Facebook e Instagram).

Lea también

Álvaro Mardones llega cedido al Racing de Ferrol procedente del RC Deportivo de La Coruña

ADN racinguista para reforzar la zaga. Álvaro Mardones Esplúguez (Ferrol, 2005) jugará en el Racing …