Comunicado do Concello de As Pontes respecto á dimisión do edil Antonio Alonso

Tras os acontecementos sucedidos no que o edil de Urbanismo, Antonio Alonso Román presentaba a súa dimisión e a súa renuncia a acta de concelleiro ante a situación xudicial na que que se veu inmerso nos últimos días, o Concello das Pontes quere amosar o seu absoluto respecto á decisión persoal de Antonio Alonso de dimitir e defender a súa inocencia e honorabilidade así como evitar posibles interferencias no normal funcionamento do Concello das Pontes.

Desde o Concello das Pontes, condenamos, de forma categórica, calquera tipo de violencia machista, defendemos de forma contundente a igualdade entre mulleres e homes e amosamos o noso apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Así mesmo, desde Concello das Pontes defendemos a presunción de inocencia e agardamosque a xustiza faga o seu traballo, investigue a situación e se aclaren os feitos que se denuncian.

Por outra banda, a acta de concelleiro de Antonio Alonso Román será recollida por Manuel Rodríguez López.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …