O Centro Cívico de Canido en Ferrol acolle o “Kattles Freestyle”

A Asociación Veciñal de Canido, na súa inquedanza de achegarse ao colectivo da mocidade, localizou e contactou aos rapeiros “Los Niños de la Palmera”, que se reúnen no parque Raíña Sofía onde desenvolven batallas de galos.

Fuente Asociación Veciñal de Canido

O obxectivo desta xuntanza inicial, celebrada a principios deste ano, foi o de coñecer as súas necesidades e intereses, ofrecéndolles medios técnicos e colaboración para idear proxectos conxuntos. Pois a entidade veciñal ten detectado que a xente moza non dispón de espazos de encontro na cidade para a autoorganización de actividades, nin goza de programacións culturais específicas, sendo estas ben escasas.

Foi así como xurdiu a idea da organización deste encontro. De todos modos, esta non será a primeira vez que actúen no barrio, xa que “Los Niños de la Palmera” interviron na última sesión do Agrocabaré que se realizou o pasado mes de maio, na horta comunitaria.

Fuente Asociación Veciñal de Canido

V aniversario “KATTLES FREESTYLE”

O evento terá lugar o sábado día 3 no patio do Centro Cívico de Canido entre as 19:00 e as 23:00 horas, unha aposta pola cultura hip-hop galega. A atracción principal do evento é un torneo de rap improvisado onde, ademais de contar con participantes de todas partes de Galicia e visitantes doutras comunidades, contarase como convidado especial ao barcelonés Mike Shinobi, recentemente clasificado para a Final Nacional de Red Bull Batalla, o torneo de batallas de galos mais importante do país.

Ademais deste torneo de freestyle, durante o encontro tamén se desenvolverán actuacións musicais dos grupos galegos BCH, Los Niños de la Palmera e da artista ourensá Misoskatos e dun show de breakdance, por parte do ferrolán BBoy Amor.

Durante a xornada poderanse consumir bebidas e petiscos especiais como bocadiños peruanos, guacamole, etc. e grazas á colaboración da Asociación de persoas migrantes Mobilidad Humana.

Fuente Asociación Veciñal de Canido

Gran afluencia de participantes

Ate o día do evento poderanse realizar as inscricións para participar no torneo, podendo atopar máis información no Instagram: @kattlesfreestyle

Ate o momento están inscritas 65 persoas; O premio final é 300 €.

Lea también

El buque ‘Cantabria’ atraca en Ferrol tras dos meses de misión con la OTAN en el Mediterráneo

La unidad de la Armada completa con éxito su integración en la operación ‘Noble Shield’. …