O BNG de Narón está totalmente en contra do canon de Sogama

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno «para instar á Xunta de Galiza a que faga ben o seu traballo de xestión e que non paguen os concellos os seus erros».

«O aumento do canon do tratamento de residuos supón un “sablazo” para os concellos, cando xa teñen feitas as súas previsións de ingresos e gastos para este ano. Os responsables da Xunta e de Sogama queren facer pagar aos veciños o fracaso da súa mala xestión e do seu sistema de recollida de residuos». «Un sistema “obsoleto, centralizado e antiecolóxico”, como demostra o feito de que Galiza se sitúe á cola do reciclaxe lonxe aínda de cumprir cos criterios que marca Europa».

«Sogama xustifica este canon coa entrada en vigor do novo imposto europeo por depósito en vertedoiro e incineración, imposto que trata de penalizar sistemas finalistas e primar outros máis acaídos dente o punto de vista da xestión eficiente dos residuos, sendo a incineración a última das opcións. Segundo os informes de Sogama o 60 % dos residuos que entran no seu complexo van a incineración».

“Xa non nos valía en Narón reciclar ben cando unha parte moi importante dos residuos en Sogama van para a incineración e agora queren sablearnos coa suba do recibo, é inadmisíbel”, declara Olaia Ledo, portavoz municipal, “é necesario que a mancomunidade comece a estudar outra xestión de residuos alonxados de Sogama, que só vale para enriquecer aos amigos do PP”.

Lea también

O alumeado de Nadal en Narón acenderase este xoves

A concelleira de Festas, Mar Gómez, anunciou que o tradicional acto de acendido do alumeado …